jueves, 30 de junio de 2016

REMATA A FUNCIÓN...

E case como se nada, nun suspiriño, este camiño que iniciamos xuntos fai tres aniños, rematou pois... Chegou a hora de deixar Infantil e pasar a otra nova etapa.... a Primaria!!!! E que mellor maneira de facelo oficial que cunha gran festa... A nosa festa de graduación!!!! Pero que guapos e maiores estabamos recollendo os nosos diplomas, mirade, mirade...


*** Se queredes ter estas fotos e outras da graduación, premede neste enlace (perdoade se algunhas están movidas, os nervios fixeron que moitos dos nenos e nenas non pararan no "photocall")

Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos elefantes e dinos desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo.... Tres anos, sen dúbida, para o recordo... 





**A versión web do vídeo non é igual que a vosa. Non é posible poñelo en internet coas músicas orixinais. 

Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a confianza que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Sodes uns papás e unhas mamás xeniais, e iso nótase e moito, nos vosos fillos e fillas... Moitas, moitísimas grazas por todo!



E por suposto, queremos dar as grazas aos "nosos" nenos e nenas, aos elefantes e aos dinos, que son os mellores alumnos e alumnas que puideramos imaxinar. Moitas grazas peques por ensinar a estas profes tantas cousas cada día, por axudarnos a "intentar" ser mellores mestras, por ilusionarnos e facer que o noso traballo sexa toda unha aventura, por deixarnos crecer convosco, por facernos rir e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes anos. Foi unha marabilla ser aos vosas mestras!!!! Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo.



 FELIZ VERÁN!!!!

martes, 21 de junio de 2016

EXCURSION AO PARQUE

Xa falta pouco para rematar, pero... nós seguimos de festa!!!! Aproveitando o bo día, onte fomos merendar ao parque... Que ben o pasamos!!!! Aí si que temos un bo sitio para correr, xogar e sobre todo, enchernos de area!





 

viernes, 17 de junio de 2016

LEMBRANDO MOMENTOS...

Outro curso que remata, e para nós este é moi especial xa que é o último que pasaremos en infantil. 

Por iso, para lembrar todos os momentos que pasamos xuntos, as profes teñen preparado este video que resume o moito que traballamos todos neste curso 2015/16 e sobre todo o ben que o pasamos!! 

Esperamos que vos guste moito!!



miércoles, 15 de junio de 2016

EXCURSIÓN A ALDEA NOVA

O martes fomos a nosa última excursión como nenos e nenas de Infantil: visitamos a granxa Aldea Nova. Alí vimos moitos animais, aos que puidemos acariciar e ata dar de comer: porcos, coellos, vacas, cabras, cabalos, ocas... Pero ademais, amasamos e cocemos pan, descubrimos o sabor da mel, do propóleo, da xalea, e ata fixemos unha vela coa ceras das abellas!!!! Pero o que máis nos gustou, sen dúbida, foi montar en poni!!!!
Que ben o pasamos!!!!! Mirade, mirade...

REMATAMOS COS ANIVERSARIOS!

Xa a piques de rematar o curso e seguimos de festa!! Neste caso celebrando os derradeiros aniversarios da etapa.





Moitos parabéns pequerrechos!!!

viernes, 10 de junio de 2016

O ALBUM DO MAR

Durante o mes de Maio todos os nenos e nenas do cole estivemos como tolos buscando animais mariños polo centro. Eran os carteis do Álbum biligüe que este curso puxeron, de novo en marcha, as profes de inglés: Marga e Ana.
Os nenos e nenas de Infantil fixemos, como cada ano, un álbum xigante que completamos entre todos e polo cal tamén recibimos o noso premio que foi recollido polo encargado de cada clase.


Moitas grazas por esta actividade, profes!!! Os elefantes e os dinos encantános eso de ser "good explorers"!!!!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN...

O curso está a piques de rematar e teredes tempo para xogar, descansar e tamén para ler moitos contiños!!

Güino e os seus axudantes teñen preparadas unha recomendacións de contos e historias novas que esperamos que vos gusten moito!!



Na biblioteca están expostas todas estas recomendacións por si queredes botarlle unha ollada.

Güino deséxavos un verán fantástico e espera vervos, xa en primaria, en setembro!!