miércoles, 2 de julio de 2014

FIN DE CURSO

O último día de cole comezou coa graduación das xirafiñas e das tartarugas, que deixan Infantil e pasan a Primaria. Os elefantes e dinosauros ímolos botar moito en falta no patio, pero desexámoslles moita sorte nesta nova etapa. Tamén os nenos e nenas de 6º Primaria, despedíronse de nós con un festival moi chulo onde houbo moito ritmo!



Despois destes pequenos actos, tivemos unha gran festa para despedirnos dos compañeiros e compañeiras, cunha gran comilona! Que rico estaba todo!



E case sen darnos conta, xa chegou o fin de curso... Parece que foi onte cando estabamos atravesando a porta do corredor por primeira vez, e sen darnos conta xa rematou este curso, un curso no que apredemos, xogamos, festexamos e sobre todo, pasámolo moi, pero que moi, ben. Queredes velo?  Premede aquí



E xa por último só nos queda dicir... PASÁDEO MOI BEN NAS VACACIÓNS DE VERÁN, ELEFANTES E DINOSAUROS!!!!! Un bico moi forte da profe Ana e da profe Nuria!



Grazas polo voso apoio durante este curso, familias.