viernes, 28 de noviembre de 2014

LUNA, LUNERA...

Estes días estamos de viaxe pola Lúa... Pero que presumida que é! Todo o rato cambiando de forma!!!
Agora a nós xa no nos engaña, e sabemos que ten catro fases que dependen da luz do Sol... Chea, Nova, cuarto minguante e cuarto crecente!!!!



miércoles, 26 de noviembre de 2014

SEGUIMOS EXPLORANDO O UNIVERSO...

Os elefantes e os dinosauros seguimos investigando o universo. Xa coñecemos todos os planetas do noso Sistema Solar, e por se se nos esquece algún temos unha canción que nos axuda a lembralos. Sóavos papás?? Seguro que a máis de un tráelle algunha lembranza, non si? Iso si, nós xa estamos moi actualizados e sabemos que Plutón non é un planeta!!


Seguiremos poñendo vídeos por se queredes visionalos cos vosos fillos e fillas e así poderedes comprobar cantas cousas estamos aprendendo!!!!!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

OLLO AO PIOLLO!

Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques. Moitas grazas!
 

miércoles, 12 de noviembre de 2014

UNHA NOVA VISITA!!

Hoxe tivemos outra visita. Esta vez duns axentes forestais que nos ensinaron as cinco regras básicas para coidar os nososo bosquees e fragas e previr os lumes: non encender fogatas e se o facemos sempre cun adulto e de xeito controlado, non xogar conn mistos nin chisqueiros, e recoller e deixar todo o campo limpo cando fagamos un picnic.


E despois de explicarnos estas regras básicas e de ensinarnos o traxe e as ferramentas que usan para apagar o fogo, tiñamos unha gran sorpresa na porta.... UN CAMIÓN DE BOMBEIROS!!!! Os axentes forestais ensinaronnos como apagan eles o lume dos bosques! Canta auga bota o camión, case nos rega!!!! 

 

 Preparádevos familias, que despois desta visita xa hai algún que quere se bombeiro! 

martes, 11 de noviembre de 2014

DÍA DO PEÓN

E como todos os anos, chega o San Martiño, e con el.... O PEÓN!!!! Este ano tivemos mala sorte, e non puidemos festexar o día como se merecía, porque a previsión meteorolóxica non era moi boa. Pese a isto, todos bailamos o noso peón na aula, e pese a que aínda non se nos da moi ben, a verdade é que cada vez o facemos con máis tino. Seguro que o curso que ven xa nos convertimos nuns expertos!!!!  


FAGO O CAMIÑO COMO O TROMPO EN SAN MARTIÑO,
FAGO O CAMIÑO E NON DEIXO DE XIRAR!!!!

lunes, 3 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Seguimos de festa en festa. Despois das cabazas do xoves, o venres tocaba comer as castañas todos xuntos para celebrar o Magosto. 

O día comezou cunha visita da mesmísima Gran Bretaña! Patrick, o auxiliar de conversa dos maiores, veunos a explicar como celebran o Halloween en Inglaterra. Que ben o pasan os ingleses pedindo chuches polas casas, e máis vale que llelas dean porque se non... ovo na porta ou papel no xardín...Truco ou trato!

Despois de escoitar a Patrick chegou o momento que levabamos esperando toda a semana... A FESTA DAS CASTAÑAS!!!! Primeiro vimos como os nosos compañeiros e compañeiras de cuarto bailaban o rap do Magosto e despois de marcarnos nós tamén un baile, comezamos a zampar nas castañas!!!!  Que ricas estaban! Pero o mellor de todo foi, sen dúbida, os batidos de chocolate..... mmmmmmm!!!!! E como non... PODER XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO DOS MAIORES!!!!!




Moitas grazas pola vosa participación na festa, familias!!! Sempre é un gustazo celebrar estos días convosco!!!